O sendeirismo é unha actividade deportiva non competitiva que se realiza sobre camiños marcados e homologados polo organismo competente en cada país. O seu obxectivo é acercar ás persoas ao medio natural, procurando o coñecemento da zona a través do seu patrimonio e os elementos etnográficos e culturáis tradicionáis.
(+ info.)
- Sendeiros de longo percorrido (máis de 50 km.)
- Sendeiros de pequeno percorrido(menos de 50km.)
Actitude básica
- Infórmate das previsións do tempo e leva roupa e calzado axeitados, auga, comida enerxética, botica e teléfono móbil.
- Se camiñas só, informa a alguén do sendeiro a seguir e hora estimada de regreso.
- Camiña polos sendeiros respectando as plantas, os animáis e as fontes de auga.
- Procura traer o lixo de regreso e deposítao nos contedores axeitados.
- Respecta as propiedades dos veciños, a súa cultura e tradicións. Ten coidado co gando.
- Non acendas lume e avisa dos incendios e outros danos na natureza.
- Goza das paisaxes e xentes, presta atención ás pequenas cousas e volve en distintas épocas do ano.
- Rutas de sendeirismo en Galicia
- Rutas de sesndeirismo en Galicia con arquivo para GPS
- Consejos para senderismo
No hay comentarios:
Publicar un comentario